realización de prácticas é unha parte fundamental de calquer proceso formativo, achegando beneficios tanto para o alumno como para a empresa. Falamos con Marcos R. Sarria, xerente de Sarrianet, unha empresa informática de Ourense que acolle alumnos do curso de xestión e mantemento de equipos informáticos:
Fálenos un pouco da súa empresa: a que se adican, que servizos ofrecen?
Sarrianet é unha empresa galega relativamente nova de integración, soporte, mantemento e consultoría informática. Nacemos coa intención de prestar servizos informáticos de calidade que permitan obter o máximo rendemento e seguridade, das tecnoloxías tanto actuais como futuras.
Por que decidiu colaborar para acoller alumnos en prácticas?
Porque cremos na colaboración e intercambio de ideas, recursos, espazos, etc. para aprender e mellorar como filosofía empresarial.

“Unha persoa en prácticas aporta una visión nova e distinta”


Que aportan os alumnos en prácticas á empresa receptora?
Unha persoa en prácticas normalmente é alguén cheo de ilusión e con moitas ganas de aprender. Xente fresca que pode aportar outro punto de vista diferente dos que levamos anos traballando no mesmo, disposta a absorber información e tamén a aportar unha visión nova e distinta.
Segundo a súa experiencia, que comentarios fan os alumnos sobre a súa estadía nas prácticas? Cre que desfrutan ao por en práctica a súa aprendizaxe?
O término disfrutar non é o máis adeacuado, mais seguro que é menos complexo e levadeiro o ser un campo de traballo e responsabilidade completamente novo para o alumno.
O nivel de realización por parte dos alumnos nas prácticas en xeral é alto, eles síntense realizados e ven que o esforzo realizado durante os seus estudos é útil e aplicable a nivel laboral.

“Penso que é un período imprescindible dentro da formación ter contacto co mundo real a nivel profesional”


En termos xerais, que opinión lle merece que os alumnos poidan pór en práctica nunha empresa real, con todo o que iso conleva, os seus coñecementos?
O realmente importante é pór en práctica tódolos coñecementos adquiridos durante os estudos e podelos aplicar de forma precisa o mundo laboral. Penso que é un período imprescindible dentro da formación ter contacto co mundo real a nivel profesional, para adaptarse pouco a pouco a un mundo extremadamente competitivo e sobre todo a cada cliente.
Á hora de contratar un novo traballador para a súa empresa, tería en conta os alumnos que realizaron prácticas de maneira satisfactoria na súa empresa? 
Cando un alumno realiza as prácticas de maneira satisfactoria, con implicación e interese, ante unha posible vacante laboral, sempre se valora a xente que cursou prácticas con nós, pois é un valor engadido coñecer por parte do traballador a empresa e pola nosa parte a súa forma de traballar e implicación.


Ti tamén queres formar parte de Forbe como empresa colaboradora? Estas son todas as vantaxes.